A Policía Local de Poio lograba, na tarde deste xoves, recuperar uns auriculares airpods pro que foran furtados en Pontevedra.
O presunto autor levouse un bolso que se atopaba no interior dun vehículo estacionado na capital. O propietario alertou a Policía Local de Poio para comunicarlles o acto delituoso indicando a presenza dos auriculares no interior do bolso.
Estes airpods pro dispoñen dun xeolocalizador. Desta forma, os axentes da Policía Local rapidamente lograron situar ao presunto autor da acción en San Salvador e, máis tarde, en Combarro. Alí, os axentes identificaron a esta persoa, á que se lle interviñeron os auriculares para entregarllos ao seu lexítimo propietario.
A Policía Local realizou as dilixencias correspondentes para informar o xulgado do delito.