O IES de Soutomaior, de intercambio internacional

Soutomaior
18 de xuño 2026

21 estudantes da Newark Academy de New Jersey participan nesta iniciativa, que continuará a finais de agosto cunha viaxe do alumnado de Soutomaior a Estados Unidos

Estudiantes de intercambio
Estudiantes de intercambio / IES de Soutomaior

Alumnado do IES de Soutomaior participa por primeira vez nun intercambio lingüístico con Estados Unidos, no que un total de 42 estudantes, 21 galegos e 21 da Newark Academy de New Jersey, forman parte desta iniciativa.

O alumnado americano chegou a Galicia o pasado 12 de xuño e permanecerá até o día 23 aloxándose en casas das familias do centro. O profesorado, pola súa banda, faio con docentes do instituto.

A experiencia inclúe excursións por distintos puntos de Galicia, compaxinadas con clases no propio centro.

Este mércores o grupo visitou a localidade de Combarro e este xoves realiza unha etapa do Camiño de Santiago en Triacastela.

O intercambio continuará a finais de verán coa viaxe a Estados Unidos do alumnado de Soutomaior a Estados Unidos entre o 31 de agosto e o 13 de setembro, onde repetirá o modelo de convivencia.

Esta é a primeira vez que o IES de Soutomaior desenvolve este programa, collendo a remuda do IES O Castro de Vigo, que o impulsou durante anos.

A iniciativa realízase en colaboración co CPI O Toural de Vilaboa en cursos alternos, mentres que a Newark Academy leva 18 anos desenvolvendo este tipo de intercambios en Galicia.