Imaxes e lembranzas da catástrofe do Prestige chegarán ao Pazo da Cultura con 'Sempre Máis'

Pontevedra
02 de outubro 2023

A inauguración será o venres 6 de outubro ás 20.00 horas e a mostra poderá visitarse ata o 13 de novembro. Está organizada pola asociación 'Unha gran Burla Negra' e dá protagonismo especial á Asociación pola Defensa da Ría

Exposición de 'Unha Gran Burla Negra' sobre o Prestige
Exposición de 'Unha Gran Burla Negra' sobre o Prestige / Unha Gran Burla Negra

Este venres 6 de outubro inaugúrase, a partir das 20.00 horas, a exposición 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige', no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Esta iniciativa procede da asociación 'Unha Gran Burla Negra que presenta material realizado polos colectivos integrados na plataforma 'Nunca Máis' durante a catástrofe ambiental co afundimento do buque que provocou danos no litoral galego.

O traballo inclúe actividades dos colectivos ecoloxistas de Galicia ao longo dos anos de protesta para defender o medio ambiente.

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) conta cun protagonismo especial ao achegar numeroso material que non se expuxo anteriormente e porque se vai a emitir o documental producido pola APDR titulado 'Paraíso Roubado', dirixido por Lukas Santiago.

A mostra permanecerá aberta ata o 13 de novembro. 

Ten entrada libre en horario de luns, mércores, xoves e venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Martes, pechada.