Ao redor das 14.15 horas deste venres, un condutor perdía o control do coche e saía da vía cando circulaba pola PO-550 na parroquia de Castrelo, no municipio de Cambados.
O vehículo impactaba contra un viñedo, que causaba notables desfeitas no frontal do turismo.
Un particular contactaba co servizo de Emerxencias 112 Galicia para alertar do accidente.
O condutor do turismo, veciño de Cambados de 32 anos, foi evacuado ao Punto de Atención Continuada do municipio ao sufrir queimaduras ao abrirse o airbag no momento do choque, segundo indican os servizos de Emerxencias.
Interviñan para socorrer á vítima integrantes do servizo de Emerxencias de Cambados e unha ambulancia do 061, ademais de colaborar efectivos de Protección Civil de Ribadumia, axentes da Garda Civil e mantemento de estradas.