A sétima edición de 'Pontevedra en marcha contra o cancro' está xa ao virar a esquina.
O evento solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) terá lugar o vindeiro domingo 5 de outubro, con saída ás 10.30 horas desde a Praza de España.
Antes foi presentada este martes de maneira oficial para incidir nos seus obxectivos e ambicións, que non son outros que "recadar fondos dedicados á investigación e ao coidado dos pacientes", afirmou Ana García, presidenta provincial da AECC en Pontevedra, compañada de autoridades e patrocinadores.
"É unha proba solidaria, non competitiva e apta para todos os públicos, que forma parte do ambicioso reto que temos de chegar ao 70% de supervivencia no ano 2023, e para iso precisamente temos que dedicarnos á investigación", afirmou.
Por iso quixo "convidar "a toda a cidadanía a sumarse", porque "Pontevedra é unha cidade tremendamente solidaria".
As incripciones para participar están abertas a través da páxina web da marcha e tamén de maneira presencial na sede da AECC en Pontevedra.
A pasada edición "asistiron 2.250 persoas", recoñeceron coa ilusión de poder achegarse ao límite fixado de 2.700 particicpantes.
Todos eles, correndo ou andando, afrontarán o día 5 de outubro unha marcha solidaria con 5,2 quilómetros de percorrido que arrincará da Praza de España e "transcorrerá por este marabilloso centro urbano que temos", explicou Ana García.
O custo de inscrición é de 6 euros (10 euros con camiseta conmemorativa) para os maiores de 17 anos e de 3 euros (7 euros con camiseta) para os menores entre 4 e 16 anos.