Impulso municipal ao recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida para os viños da comarca

Pontevedra
16 de febreiro 2014

O Concello de Pontevedra expresará o seu apoio ao recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida para os viños producidos nos municipios de Pontevedra, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Redondela e Vilaboa

Adega
Adega / Juan Mejuto

O Concello de Pontevedra expresará o seu apoio ao recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida para os viños producidos nos municipios de Pontevedra, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Redondela e Vilaboa.

Este apoio cristalizarase no Pleno da corporación convocado para o mércores 19 de febreiro nunha moción que presenta o grupo do BNG que pretende prestar a colaboración do goberno local á Agrupación de Produtores para conseguir este obxectivo.

Os nacionalistas recollen unha petición da Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra para crear este recoñecemento de calidade para a produción vitivinícola destes municipios ao que se lles nega a súa inclusión na Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ata agora estes viticultores só poden despachar o excedente da colleita mediante os furanchos malia que todas estas zonas contan cunha longa e documentada tradición de elaboración de viño.

No convencemento de que a aprobación da Indicación Xeográfica supoñerá un importante beneficio económico ao sector estes adegueiros iniciaron a tramitación ante a Unión Europea para conquerir este distintivo de calidade.