Incautan unha plantación de marihuana nun invernadoiro de Vilalonga

Sanxenxo
01 de outubro 2019

A Garda Civil desmantelou unha plantación de marihuana que estaba situada nunha finca de Vilalonga. O seu propietario, un mozo de 25 anos, será investigado como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas

Plantación de marihuana en Villalonga Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil desmantelou unha plantación de marihuana que estaba situada nunha finca de Vilalonga. O seu propietario, un mozo de 25 anos, será investigado como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas.

Segundo informou o instituto armado, no operativo interviñéronse preto dunha decena de plantas de marihuana de considerables dimensións.

O dispositivo, establecido entre a patrulla de fiscal e fronteiras de Vilagarcía e efectivos do cuartel de Sanxenxo, logrou pescudar a localización desta plantación de cannabis sativa, que estaba nun terreo contiguo a unha vivenda da localidade.

Ao inspeccionar a leira, os axentes localizaron nun terreo anexo a unha vivenda, un invernadoiro artesanal onde se almacenaban plantas de marihuana dun considerable tamaño. 

Esta actuación está enmarcada dentro dos servizos que a Garda Civil de Pontevedra ten activados para a detección e erradicación de puntos de produción, venda e distribución de substancias estupefacientes, logrando evitar que as doses que saliran do cultivo das plantas de marihuana destináranse ao tráfico de drogas.

As dilixencias instruídas, xunto coas plantas intervidas, foron entregadas no xulgado de garda de Cambados.