Un incendio iniciado sobre as 13.00 horas deste sábado nun bar de Caldas de Reis deixou importantes danos no establecemento e obrigou a desaloxar "por precaución" dous edificios da zona.
O bar afectado é coñecido como A Horta de Manolo e, segundo as primeiras informacións, o lume tivo a súa orixe supostamente na cociña do negocio. Segundo distintas fontes, iniciouse nunha frixideira.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, foron desaloxados os dous edificios lindeiros. Víronse afectadas, segundo a información do 112 Galicia, preto de 60 persoas.
O 112 Galicia indicou que "por fortuna" ninguén resultou ferido no incendio.
Ata o lugar do incendio trasladouse un amplo dispositivo de emerxencias. Foron, entre outros, os Bombeiros do Salnés dos parques de Ribadumia e Vilagarcía e Protección Civil de Caldas e Cuntis.
Logrouse a "completa extinción" e, como resultado do incendio, ardeu "boa parte" das instalacións.
Segundo o 112, o lume acabou por estenderse polo resto da cociña, a barra do bar e a terraza, uns 5.000 metros de terreo.
