Un incendio iniciado dentro dun coche na rúa Cruceiro deixa dous vehículos queimados

Pontevedra
16 de setembro 2025

O lume rexistrouse sobre as 23.00 horas da noite do luns xusto na entrada do coñecido como 'túnel' da Barca. A intervención dos bombeiros foi moi rápida, durou apenas un minuto

Vehículo calcinado na rúa Cruceiro
Vehículo calcinado na rúa Cruceiro / Concello de Pontevedra

Dous vehículos quedaron queimados como resultado dun incendio rexistrado na noite do luns para o martes na rúa Cruceiro de Pontevedra.

Segundo a información facilitada polo Concello de Pontevedra, o lume rexistrouse sobre as 23.00 horas da noite do luns xusto na entrada do coñecido como 'túnel' da Barca. 

O incendio iniciouse no interior dun vehículo estacionado e as lapas danaron tamén o lateral do turismo que se atopaba a carón.

O coche non que se iniciou quedou totalmente calcinado e o outro, bastante afectado.

Vehículos ardendo na rúa Cruceiro
Vehículos ardendo na rúa CruceiroConcello de Pontevedra

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Pontevedra e tamén a Policía Local

Segundo a información oficial, os bombeiros realizaron unha intervención "moi rápida". Unha vez chegaron, sofocaron as lapas en apenas un minuto.

A Policía Nacional iniciou unha investigación para aclarar as circunstancias e orixe do lume.

Vehículos afectados na rúa Cruceiro
Vehículos afectados na rúa CruceiroConcello de Pontevedra