As familias de Poio serán as protagonistas este sábado, con motivo do fin das festas de San Xoán.
Para iso, A Seca transformarase a partir das 18:00 horas nun espazo de actividades gratuítas con inchables de auga e animación musical para goce do público infantil.
Con esta proposta, o goberno local quere despedir a gran festa cunha programación pensada para todos os públicos.
Coas orquestras Panorama e Marbella, o recinto da festa encheuse durante a noite do xoves, transcorrendo a xornada con total normalidade e un ambiente moi festivo.
Así mesmo, preto de 300 persoas achegáronse ao Punto Lila do Concello de Poio para solicitar información e asesoramento fronte ás violencias machistas.
Desde o Concello destacan que a coordinación no traballo da Policía Local, da Garda Civil e do voluntariado de Protección Civil de Poio contribuíu a que a festa se desenvolvese con total normalidade.
O broche á xornada porana a noite deste venres as orquestras Capitol e Kubo e o espectáculo de fogos artificiais, que servirá para despedir esta edición do San Xoán de Poio.