Inchables, obradoiros e xogos na Festa Infantil de Carballedo

Cerdedo Cotobade
22 de decembro 2022

Esta actividade gratuíta, que terá lugar este venres a partir das 17 horas, está integrada dentro do programa deseñado polo Concello de Cerdedo-Cotobade para estas datas especiais

Inchables no Pavillón de Carballedo
Inchables no Pavillón de Carballedo / Concello de Cerdedo-Cotobade

A rapazada de Cerdedo-Cotobade está convidada a participar na Festa Infantil de Nadal que ten organizada o Concello para este venres 23 de decembro, a partir das 17 horas, no pavillón de deportes municipal de Carballedo.

Entre as actividades gratuítas previstas para os cativos e as súas familias están xogos interactivos, inchables, obradoiros, a barredora humana e moitas sorpresas máis acompañadas de monitores e música para divertirse.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa de Nadal e pretende ofrecer unha alternativa divertida para o tempo de lecer que terán os nenos  do municipio coincidindo co inicio das vacacións escolares de inverno.

O alcalde, Jorge Cubela indicou que "fixemos este ano un amplo programa, moi variado, coa intención de que todo o mundo poida disfrutar" e engadiu que "tamén pretendemos servir de alternativa de lecer que permita conciliar a vida laboral co descanso de Nadal dos pequenos da casa".