Inclúen cláusulas nos contratos do Concello para facilitar a integración de persoas con discapacidade

Pontevedra
11 de xaneiro 2016

A Xunta de goberno aposta por introducir cláusulas sociais nos contratos que asine o Concello de Pontevedra, sempre que os técnicos municipais consideren que é posible. O contrato de servizo de axuda no fogar incluirá estas condicións nos pregos

Gala Hefesto 2015
Gala Hefesto 2015

A partir de agora, os contratos que as empresas contraian co Concello de Pontevedra contarán con cláusulas sociais, segundo anunciou a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces. A Xunta de Goberno mandou na mañá deste luns 11 que se introduzan estas fórmulas a condición de que os servizos técnicos consideren que é posible.

Desta forma, búscase que se poidan integrar aquelas persoas con discapacidade nunha contorna laboral. Fouces indicou que no novo contrato para o Servizo de Axuda no Fogar incluiranse xa cláusulas sociais.

PROTOCOLO DE FRÍO

Segundo a concelleira non se rexistraron incidencias durante os últimos días con motivo da activación do protocolo de frío. Os albergues, segundo Fouces, non rexistraron cheos salvo no caso do centro Calor e Café. E engadiu que calquera persoa que necesite unha cama poderá contar con ela en Pontevedra.