Catro profesionais do servizo de Urxencias do Hospital de Montecelo contaxiáronse de coronavirus, segundo informaron fontes sanitarias.
Concretamente os afectados por este gromo son tres médicas de Urxencias e unha auxiliar de enfermería os que deron positivo por covid-19 nas probas PCR realizadas hai dous días.
Estas mesmas fontes sinalaron que non foi necesario illar ningunha planta do hospital xa que os contaxios tiveron lugar fóra de Montecelo.
A Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra – O Salnés indicou están a realizarse cribados preventivos entre o persoal do servizo.