Un informe favorable da Fundación Biodiversidad dá o último impulso á renaturalización do Gafos

Pontevedra
19 de xuño 2025
Actualizado: 15:04

O Concello ten "moi avanzado" o traballo para o proceso de adxudicación do proxecto. O documento recentemente emitido chegou este xoves á Xunta de Goberno local e "permite xa avanzar"

Infografía da renaturalización do Gafos
Infografía da renaturalización do Gafos / Concello de Pontevedra

A Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, acaba de dar o impulso que faltaba para o de renaturalización do río Gafos ao seu paso polo barrio de Campolongo.

Esa entidade pública emitiu un informe favorable ás obras de renaturalización, de forma que agora "permite xa avanzar" no proceso de contratación da actuación.

A portavoz do Goberno local, Eva Vilaverde, confirmou este xoves que a Xunta de Goberno local recibiu e analizou o informe.

O documento dá vía libre para poder licitar esta actuación "canto antes, mellor", indicou Vilaverde, que lembrou que se trata dunha obra "de suma importancia para este Concello".

Este informe era un dos trámites que "nos tiña á espera", recoñeceu a concelleira pontevedresa, que engadiu que xa está en. "un estado moi avanzado" a elaboración dos pregos técnicos para a elaboración do contrato.

XESTIÓN DE RESIDUOS EN COMERCIOS

Eva Vilaverde tamén confirmou este xoves a adxudicación durante o próximos tres anos da asistencia técnica para a implantación dun sistema de información bidireccional sobre a xestión de residuos comerciais de competencia municipal.

Trátase dun contrato "importante" que suporá facer un estudo pioneiro para coñecer cantos residuos xeran os negocios e os servizos da cidade e que tratamento lles dan.

Como resultado, permitirá ao Concello e aos produtores de residuos ter toda a información posible e "facer a xestión e a separación da mellor maneira".

Esta adxudicación confirma, segundo Vilaverde, que "seguimos camiñando firmes no cumprimento do obxectivos medio ambientais deste Concello".

A empresa adxudicataria é SM Sistemas Medio Ambientais S.L. O contrato saíu a licitación por 321.904,04 euros e foi finalmente adjudicaco por 281.666,04 euros.