Inicio da campaña de roza en lugares do rural de Marín

Marín
07 de abril 2021

Os operarios desprazaranse nos próximos meses a outras parroquias

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, supervisa os traballos de roza en Marín
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, supervisa os traballos de roza en Marín /

O Concello de Marín pon en marcha unha campaña de roza en diversos puntos do rural. Coa colaboración da Fundación Juan XXIII, as actuacións céntranse en camiños de Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, A Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos. Viñas Blancas, A Raña e Outeiro.

"Van moi adiantados", sinalou o  concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que este mércores supervisou os traballos. Ao longo dos próximos meses os operarios desprazaranse a outros puntos do municipio en base a criterios de necesidade, prevención de incendios ou tempada alta de praias.

Ademais de labores de roza manual e con medios mecánicos, o Concello ten tamén contratado a roza en todos os viais de titularidade municipal.