Inspeccionan a montaxe e funcionamento das atraccións das festas de Sanxenxo

Sanxenxo
26 de agosto 2019

O Concello de Sanxenxo volveu a contratar estes traballos a Enmacosa Consultoría Técnica os traballos de inspección destas instalacións itinerantes para as festas que se desenvolverán desde esta fin de semana en honra a San Xenxo e Santa Rosalía

Un técnico inspecciona unha atracción de feira
Un técnico inspecciona unha atracción de feira / Concello de Sanxenxo

O goberno local do Concello de Sanxenxo encargou unha inspección sobre a montaxe e o funcionamento das atraccións das festas coa intención de incrementar as garantías de seguridade dos usuarios das atraccións de feira.

O Concello de Sanxenxo volveu a contratar estes traballos a Enmacosa Consultoría Técnica os traballos de inspección destas instalacións itinerantes para as festas que se desenvolverán desde esta fin de semana en honra a San Xenxo e Santa Rosalía.

En total serán 18 as atraccións que está previsto que funcionen na área habilitada na praza do Mar.

Desde que o Concello de Pontevedra iniciou hai 17 anos este tipo de inspeccións técnicas cada vez son máis os concellos que seguen os seus pasos para ofrecer as maior seguridade á cidadanía que acode ás atraccións.

Os técnicos seguen un protocolo específico para conseguir un exame o máis completo posible de cada unha das atraccións, nun traballo que se foi perfeccionando grazas á experiencia acumulada durante todos estes anos.