Instalan 15 tótems no Paseo de Silgar coa exposición 'A camelia, flor das galegas e galegos'

Sanxenxo
11 de abril 2025

Tras a presentación da mostra realizouse unha degustación con té verde e negro procedente da planta Camelia Sinensis

Exposición 'A camelia, flor das galegas e dos galegos' Concello de Sanxenxo

O Paseo de Silgar acollerá até despois de Semana Santa a mostra 'A camelia, flor das galegas e dos galegos'.

Esta mostra está impulsada pola Sociedade Española da Camelia (SEC) en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo.

A exposición foi inaugurada este xoves polo concelleiro de Turismo, Juan Deza; o deputado provincia, Javier Tourís, e o vicepresidente da SEC, Antonio Montes.

"Estou seguro de que Sanxenxo contribuirá nestes días á divulgación e coñecemento desta flor de orixe oriental e, sen embargo, tan vinculada a Galicia entre veciños e visitantes", asegurou Deza, tras agradecer que se "incluira Sanxenxo como parada no itinerario da mostra".

Trátase dunha exposición itinerante para achegar a toda a cidadanía información sobre esta flor, desde a súa historia ata os seus coidados; a economía que xira arredor dela; a súa relación coas artes, coa gastronomía ou coa moda; os produtos da camelia; ou a ruta que se pode realizar pola nosa xeografía ao redor desta flor.

Inauguración de la exposición nel Paseo de Silgar

'A camelia, flor das galegas e dos galegos' conta con 15 tótems nos que se recollen os segredos e as curiosidades desta flor a través dun percorrido ao aire libre ameno e visualmente atractivo.

Os paneis presentan información sobre a historia e as variedades de camelia; os xardíns destacados desta flor en Galicia; os nomes das camelias; os seus coidados, a economía desta flor e os seus derivados; a aplicación da camelia na gastronomía tanto a través do aceite como de marmeladas, vermú ou galletas; e a relación da flor coas artes e coas figuras destacadas relacionadas coa camelia, con fotografías de persoas de diferentes ámbitos que teñen relación coa flor.

Tras a presentación da mostra realizouse unha degustación con té verde e negro procedente da planta Camelia Sinensis cultivada na Estación Fitopatolóxica do Areeiro.