Intensa actividade de graneis sólidos no porto de Marín

Pontevedra
24 de agosto 2023

Tres dos buques graneleros que estiveron a operar estes días nos peiraos do porto de Marín teñen anunciada a súa saída para este xoves e prepárase xa a chegada esta noite dun novo bulk carrier que trae cereais a Marín desde o porto de Mukran, en Alemaña. Os catro, consignados por GrupoNogar

Buque graneleiro no porto de Marín
Buque graneleiro no porto de Marín / Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

Tres dos buques graneleros que estiveron a operar estes días nos peiraos do porto de Marín teñen anunciada a súa saída para este xoves e prepárase xa a chegada esta noite dun novo bulk carrier que trae cereais a Marín desde o porto de Mukran, en Alemaña. Os catro, consignados por GrupoNogar.

Os tres buques de cereais que parten esta tarde noite desde Marín son o Fri Porsgrunn con destino a Lisboa, o Arklow Abbey que se vai rumbo a Róterdan e o Mercurius que chegou de Bulgaria e espera ordes para continuar a sua singladura. Este último deixou en porto un cargamento de 33.000 toneladas de granel.

O dos graneis sólidos está a ser un dos principais tráficos á alza este ano cunha subida rexistrada do 11,16% ata o mes de xullo con respecto ao mesmo período do ano anterior. Destaca o incremento dos cereais e as súas fariñas pero tamén se rexistran importantes cifras de pensos e forraxes, sal común, fabas de soia e madeira astillada.

Agosto está a ser un mes dunha alta actividade no tráfico de mercadorías en porto. Este xoves tiña prevista a súa saída tamén un mercante que descargou produtos siderúrxicos e xa está anunciada a entrada doutro similar así como dun portacontedores que operará 10.000 toneladas de mercadoría de carga e descarga.