Investigada por estafar a turistas co aluguer de vivendas en Ons: chegaban e había outras persoas dentro

Bueu
31 de xullo 2025

A Garda Civil localizou en Huesca a unha veciña de Bueu como presunta autora dunha estafa continuada. Hai dez denuncias, pero sospéitase que pode haber máis vítimas. Estafou polo menos 2.000 euros

Axente da Garda Civil coa illa de Ons ao fondo
Axente da Garda Civil coa illa de Ons ao fondo / Guardia Civil

Polo menos dez turistas que chegaron á illa de Ons no mes de xullo pensando que alugaran unha vivenda para pasar as súas vacacións atopáronse con que era unha estafa.

Unha muller supostamente alugoulles vivendas turísticas e cando chegaron, atopáronse con que xa estaban ocupadas por outras persoas.

Estas persoas, ao chegar e detectar a estafa, presentaron denuncias ante a Garda Civil de Marín, pero os investigadores sospeitan que pode haber máis vítimas.

De feito, ante a posibilidade de que haxa máis persoas prexudicadas, a Garda Civil recomenda interpor as correspondentes denuncias. As dez xa recibidas presentáronse desde principios de xullo.

O Xulgado de Marín investiga os feitos e as posibles denuncias que cheguen a aprtir de agora iranse derivando para a súa sumar á causa.

Os feitos deunos a coñecer este xoves a Garda Civil, que indica que unha veciña de Bueu de 38 anos está investigada por un delito de estafa continuada por estes feitos.

Segundo informa a Garda Civil, as súas vítimas pagaron os importes correspondentes ao suposto aluguer e a muller chegou a estafar máis de 2.000 euros.

A sospeitosa ten xa antecedentes policiais por feitos similares. Aínda que ten domicilio habitual en Bueu, localizárona en Huesca.

De cara a evitar novas estafas, cabe lembrar que na Illa de Ons só está permitida pasar a noite no cámping, de modo que non existe a posibilidade das vivendas turísticas.

Ademais, desde a entrada en vigor o 1 de xullo de 2025 da nova normativa sobre o aluguer turístico en España, que inclúe o rexistro único de vivendas de uso turístico, un dos requisitos para poder dar de alta unha vivenda e desempeñar a actividade turística, debe acreditar a propiedade,

Desta forma las vivendas da illa de Ons quedan fóra do marco legal para o aluguer turístico.