O Equipo @
Trátase dunha modalidade fraudulenta na que o comprador simula un pago para enganar á vítima e obter diñeiro en lugar de envialo.
A operación, denominada Bizinv, iniciouse en maio de 2025 por mor da denuncia presentada pola persoa afectada.
Os investigadores localizaron que as dúas transferencias realizadas pola vítima acabaron destinadas á recarga dunha conta dunha casa de apostas en liña, o que permitiu identificar o usuario final, que recibiu o diñeiro en Jerez de la Frontera.
Segundo explica a Garda Civil, o bizum inverso adoita dirixirse a persoas que anuncian artigos para a venda ou que esperan recibir un pago por calquera motivo.
Os autores deste tipo de fraude aproveitan a confianza das vítimas e guíanas durante o proceso para non espertar sospeitas, ata que finalmente se produce o cobro indebido.
Desde a Comandancia de Pontevedra, a Garda Civil recomenda extremar as precaucións ante este tipo de operacións e desconfiar dos usuarios que tentan sacar a conversación das canles oficiais da plataforma, de quen mostran unha urxencia inusual por pechar o pago e dos perfís recentes ou con poucas reseñas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.