A Policía Local de Sanxenxo investiga un posible caso de delito de malos tratos animais no municipio. Foi debido á aparición de catro crías de gato, tres delas mortas e unha cuarta en estado crítico, nunha maleta de viaxe.
O caso rexistrouse no lugar de Seixal, en Padriñán.
Tras recibir o aviso dun particular, os axentes desprazáronse ata a zona para comprobar a veracidade do aviso e alí atoparon a maleta cos gatos dentro.
Unha das catro crías de gato movíase de maneira case imperceptible, mostrando moi mal estado físico, e o resto estaban xa mortas.
O minino foi trasladado ao veterinario, pero a pesar das atencións médicas faleceu horas despois.
A Policía Local continúa coas pescudas para dar co autor do abandono.
Podería enfrontarse a un delito de malos tratos animais con resultado de morte, agravado polo ensañamento ou a crueldade, tipificado no artigo 340 do Código Penal.
Esta conduta está penada como infracción grave na lei de benestar animal e carrexa unha multa que oscila entre os 10.001 e os 50.000 euros.
