As autoridades investigan a morte dunha muller que faleceu horas despois de aparecer tirada no chan, ferida e semiinconsciente, nunha rúa en Portonovo.
O suceso, segundo informou o Concello de Sanxenxo, rexistrouse este martes na Rúa Areal, nas inmediacións da praza de abastos.
A vítima, que tiña 54 anos e era veciña de Portonovo, foi trasladada á PAC de Baltar para ser atendida, onde acabou falecendo.
Tanto a Garda Civil como a Policía Local investigan o sucedido.
Polo momento, afirman as fontes consultadas por PontevedraViva, os investigadores manteñen todas as hipóteses abertas.