Investigan unha parella por un roubo con forza nunha vivenda de Sanxenxo

Sanxenxo
22 de maio 2024

Segundo explicaron fontes oficiais, estes dous individuos romperon unha xanela cunha tapa de sumidoiro e accederon ao interior para subtraer diversos utensilios de xardinería

Intervención da Policía Local de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo informou este mércores que están a ser investigados dous mozos por un roubo con forza esta madrugada nunha vivenda deshabitada na Avenida Luis Rocafort. 

Segundo explicaron estas fontes oficiais, estes dous individuos romperon unha xanela cunha tapa de sumidoiro e accederon ao interior para subtraer diversos utensilios de xardinería. 

Nunha operación conxunta entre a Policía Local e a Garda Civil localizouse o vehículo co material roubado no interior polo que se procedeu cun cepo á súa inmobilización. 

Foi na mañá deste mércores cando os axentes localizaron á parella que está a ser investigada por un presunto roubo na vivenda. 

A Garda Civil encárgase das dilixencias policiais e xudiciais. 

Os propietarios da vivenda son orixinarios de Ourense e xa tramitaron a pertinente denuncia.