Manuel Campos, alcalde de Cuntis, facía balance este martes dos proxectos de saneamento acometidos desde a súa chegada á alcaldía. Sinala que o investimento foi superior a 420.000 euros, con fondos sempre do propio municipio ou procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Lamentou que o Concello de Cuntis, a pesar de reclamar por varias vías axudas á Xunta de Galicia, non recibiu un só euro para estes proxectos necesarios para o desenvolvemento municipal desde a administración autonómica.
Durante estes últimos anos executáronse obras de saneamento no centro de día, varias depuradoras puxéronse en marcha nas zonas do rural, mellorouse a Estación depuradora de Meira con máis de 120.000 euros en 2020, que pasou a ser xestionada desde o Concello. Tamén desenvólvense ou están proxectadas obras en Ducío e Portela, segundo o alcalde.
Están proxectadas para acometer a extensión da rede ao lugar do Pazo, en Couselo cun investimento de 200.000 euros e solicitouse á Deputación o investimento de 43.000 euros para a última fase do saneamento de Ducío e A Casiña cambiando a depuradora e finalizando a rede nesta zona da parroquia de Arcos. Tamén se prevé a primeira fase do saneamento de Teaño, con 20.000 euros, que se engloban na anualidade do Plan Concellos.
Actualmente, segundo Campos, o municipio conta con máis do 70% do rural saneado. Pero hai aínda proxectadas novas actuacións por unha contía superior ao 1.600.000 euros para sanear Mesego, Couselo e San Ildefonso.
Indica, ante as críticas, que se as obras non avanzan "tan rápido" como se pretende desde o Concello é pola limitación orzamentaria que teñen que afrontar e lembra que sinala que a capacidade de investimento é a que marca a actuación nuns ou outros lugares das parroquias.