Invisten case 50.000 euros para integrar na contorna as pistas deportivas de Santa Lucía en Moraña

Umia
29 de xullo 2021

O enlace do espazo deportivo e de lecer de Santa Lucía coa rúa número 7 foi o obxecto dunhas obras de urbanización financiadas pola Deputación, cun orzamento total de 48.333 euros, no marco do Plan Concellos

Visita á actuación de integración na contorna das pistas deportivas de Santa Lucía
Visita á actuación de integración na contorna das pistas deportivas de Santa Lucía / Deputación de Pontevedra

A ligazón do espazo deportivo e de lecer de Santa Lucía coa rúa número 7 foi obxecto dunhas obras de urbanización financiadas pola Deputación, cun orzamento total de 48.333 euros, no marco do Plan Concellos.

A actuación centrouse no acceso ás pistas polideportivas e ao circuíto de 'pum truck' situado ao fondo da rúa, nas inmediacións do campo de fútbol do Buelo.

En concreto os traballos consistiron na pavimentación da contorna das pistas deportivas, incluída a zona máis alta de transición entre esa espazo e a zona verde. Ademais aproveitando o desnivel do terreo habilitouse unha bancada con muros de formigón.

Por último mellorouse a accesibilidade da zona e incluíronse instalacións de saneamento e recollida de pluviais.

Terminadas as obras este xoves visitou a zona o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, xunto ao alcalde de Moraña, José Cela.