Izadas as bandeiras azuis e preparados os socorristas, empeza a tempada de praias

Ponte Caldelas
01 de xullo 2017

Este 1 de xullo foron numerosos os alcaldes que aproveitaron para achegarse ás praias dos seus municipios para dar o pistoletazo de saída á tempada de praias

Sendeiro Azul da praia da Calzada
Sendeiro Azul da praia da Calzada

Este 1 de xullo foron numerosos os alcaldes que aproveitaron para achegarse ás praias dos seus municipios para dar o pistoletazo de saída á tempada de praias.

O rexedor de Poio, Luciano Sobral acudiu ao areal marisqueiro de Cabeceira para facer ondear a insignia e o de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañado de varios membros do goberno local, acudiu á praia da Calzada que xa loce o distintivo azul despois dos últimos traballos de posta a punto.

O alcalde e os concelleiros colocaron tamén a placa que sinala o sendeiro azul, que é o roteiro circular que parte deste punto e percorre algunhas da máis fermosas paraxes do río Verdugo.

Outro carreiro que tamén presume de ser azul é o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor recoñecido co distintivo por parte de ADEAC organismo que outorga estes galardóns.

E en Sanxenxo unha quincena de praias contan desde este sábado con vixilancia, de modo que se completa o servizo que desde mediados de mes ofrecíase en Silgar, Baltar, Areas e Montalvo.