Jacobo Moreira ao PSOE: "Exigimos que rompan el pacto de gobierno o, en caso contrario, que se callen"

Pontevedra
12 de xaneiro 2015

Asegura que se, como denunciaron publicamente, ven que o alcalde é "mentiroso, soberbio o traidor, entre otras lindezas" deberían romper o pacto de goberno, xa que lles recorda que se Miguel Anxo Fernández Lores ostenta o bastón de mando en Pontevedra "es porque ellos le han hecho alcalde"

Jacobo Moreira fala con Antón Louro e Agustín Fernández antes do Pleno
Jacobo Moreira fala con Antón Louro e Agustín Fernández antes do Pleno / Mónica Patxot

As críticas realizadas o pasado sábado por parte do PSdeG-PSOE ao BNG, debido ao proxecto da planta de compostaxe, non pasaron desapercibidas para o Partido Popular. O seu voceiro, Jacobo Moreira, mostrou este luns o seu malestar por este novo encontrón público dos dous socios do goberno municipal de Pontevedra. "Ya no se molestan en ocultar sus discusiones", afirmou o responsable popular.

Pero a diferenza doutras ocasións, esta vez, Jacobo Moreira centrou as súas críticas na actitude dos socialistas. Asegura que se, como denunciaron publicamente, ven que o alcalde é "mentiroso, soberbio o traidor, entre otras lindezas" deberían romper o pacto de goberno, xa que lles recorda que se Miguel Anxo Fernández Lores ostenta o bastón de mando en Pontevedra "es porque ellos le han hecho alcalde".

Por iso, Jacobo Moreira esíxelles aos concelleiros do PSdeG-PSOE que "rompan el pacto de gobierno y no vuelvan a pactar con un alcalde que es un traidor o, en caso contrario, que se callen", xa que lles recordan que os intereses da cidade de Pontevedra "valen infinitamente más que tres salarios".

"Si esto pasa con dos partidos, imaginemos lo que pasaría en Pontevedra con tres o más partidos en el gobierno", di Moreira.

O voceiro do PP afirmou que o goberno municipal de Pontevedra, neste mandato, "solo se han puesto de acuerdo en dos cosas", que foron, dixo, o seu afán recadatorio e a súa oposición ao hospital de Monte Carrasco."Y si esto pasa con dos partidos, imaginemos lo que pasaría en Pontevedra con tres o más partidos en el gobierno", concluíu Moreira, en relación á posible entrada na corporación municipal de máis formacións políticas.

O BNG NON ENTRA AO TRAPO

Pola súa banda, dende o BNG optaron por sacarlle importancia, polo menos publicamente, ás declaracións dos seus socios de goberno. Aseguran que a relación entre ambos os dous partidos segue sendo a mesma que ata agora, segundo Raimundo González, e non se verá afectada nos asuntos cotiáns, como aconteceu este luns na Xunta de Goberno, "onde todos os asuntos aprobáronse por unanimidade".

En todo caso, Raimundo González, preguntado sobre a imaxe que BNG e PSdeG-PSOE están a trasladar á cidadanía con estas discrepancias, limitouse a afirmar que o tipo de cualificativos pronunciados polos socialistas o pasado sábado "definen máis a quen os fai que a quen os recibe".