Jacobo Moreira: "Nosotros no creemos en los composteiros comunitarios, creemos en los individuales"

Pontevedra
03 de abril 2018

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular acusou ao Goberno local de Pontevedra de "falsear los datos" para xustificar o seu proxecto de implantación da compostaxe no municipio

Composteiro comunitario situado en Eduardo Pondal
Composteiro comunitario situado en Eduardo Pondal / PontevedraViva

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, acusou ao Goberno local de Pontevedra de "falsear los datos" para xustificar o seu proxecto de implantación da compostaxe no municipio.

A Comisión Europea establece como obxectivo unha reciclaxe do 50% de residuos para 2020 pero, segundo di o líder do principal partido da oposición, "la Unión Europea no habla de compostaje" aínda que no Bloque "lo utilizan de escusa para este sinsentido", di Moreira.

O portavoz popular tamén insiste en que o Concello de Pontevedra non só non reduciu o envío de residuos a Sogama, senón que en 2017 a cantidade viuse incrementada en 381 toneladas de residuos máis que no ano 2015, o que supuxo un custo a maiores de 31.000 euros.

Aínda que Moreira afirma que o PP está de acordo coa compostaxe, rexeitan o modelo elixido polo Concello para o tratamento da materia orgánica. "Nosotros no creemos en los composteiros comunitarios, creemos en los individuales", precisou.

O PP pediu ao Goberno local de Pontevedra "que no tome decisiones sin hablar con los vecinos" respecto da instalación de novos composteros comunitarios e insiste en que o Concello precisa un permiso autonómico para xestionar residuos. "No se puede hacer peor", resume.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora