Javi Gómez Noya na cama, unha imaxe que revoluciona Pontevedra

Pontevedra
08 de xullo 2020

Que facía Javi Gómez Noya nunha cama no medio da Praza da España? É o que se preguntaron moitos pontevedreses que viron ao campión do mundo de tríatlon nesta tesitura. Pois ben, o segredo xa foi revelado. O deportista é a última incorporación á campaña Efecto PO2

Javi Gómez Noya, na gravación do video Efecto PO2
Javi Gómez Noya, na gravación do video Efecto PO2 / Concello de Pontevedra

Que facía Javi Gómez Noya nunha cama no medio da Praza da España? É o que se preguntaron moitos pontevedreses que viron ao campión do mundo de tríatlon nesta tesitura. Pois ben, o segredo xa foi revelado. O deportista é a última incorporación á campaña Efecto PO2.

El será o protagonista do segundo dos vídeos da iniciativa #comonacasa, coa que o Concello pretende explicar como o espazo público é a continuidade dos domicilios dos pontevedreses.

A peza darase a coñecer este venres e está enmarcada dentro da campaña de difusión da marca cidade Efecto PO2, o selo ambiental co que se quere promocionar a cidade.

O primeiro microvídeo desta serie recollía a unha veciña da cidade que logo de estar lendo tranquilamente no salón da súa casa, quedaba cuns amigos para ir ao teatro. E así, saía do salón directamente á praza da Ferraría.