Joan Clos, en Pontevedra: "La gente se vuelve más solidaria y empática si el espacio público está cuidado"

Pontevedra
22 de novembro 2018

Para Joan Clos, alcalde de Barcelona entre os anos 1997 e 2006, Pontevedra é unha "inspiración" para cidades de todo o mundo. O seu modelo, dixo, é "conocido y reconocido" internacionalmente por apostar pola recuperación do espazo público para os seus cidadáns, converténdoo nun "bien colectivo" da sociedade

Joan Clos e Miguel Anxo Fernández Lores polas rúas de Pontevedra
Joan Clos e Miguel Anxo Fernández Lores polas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

Para Joan Clos, alcalde de Barcelona entre os anos 1997 e 2006, Pontevedra é unha "inspiración" para cidades de todo o mundo. O seu modelo, dixo, é "conocido y reconocido" internacionalmente por apostar pola recuperación do espazo público para os seus cidadáns, converténdoo nun "bien colectivo" da sociedade.

Entende que este modelo "no es exportable al 100%" porque cada cidade ten os seus propios "condicionantes políticos y sociales", pero asegura que ten un valor "muy relevante" porque serve para "dar pistas" de como actuar sobre o espazo público das grandes urbes.

Clos, que durante o últimos nove anos foi director executivo de ONU-Hábitat, o programa de Nacións Unidas para os asentamentos humanos, defendeu este tipo de solucións urbanas porque "la gente se vuelve más solidaria y empática si el espacio público está cuidado", reforzando o seu sentimento de pertenza a unha comunidade.

Tras ser recibido polo alcalde de Pontevedra, Joan Clos sinalou que ata agora o espazo público non era "especialmente valorado" á hora de urbanizar as cidades, onde o deseño urbano "no primaba" e optábase por priorizar os beneficios económicos e inmobiliarios "a corto plazo".

Esta tendencia era "preocupante", segundo o diplomático, porque tiña influencia na convivencia das cidades, na cultura, no "espíritu" da sociedade, na estética das urbes ou na "percepción colectiva" dos seus habitantes.

Pontevedra, engadiu, demostrou que "con sentido común y convicción" é posible cambiar este rumbo e facelo, ademais, "a costes razonables" e sen ter que investir en "ciencia ultraelaborada".

As cidades enfróntanse, segundo Joan Clos, a tres "problemas" que son "universales" en todo o mundo: o cambio climático e a necesidade de reducir as emisións, facer fronte ás desigualdades urbanas e tratar coas migracións, evitando que haxa barrios que se "especialicen" nunha poboación determinada.

Para iso, defendeu que Pontevedra serve como exemplo á hora de apostar por "pueblecitos" dentro das grandes urbes, aplicando os mesmos criterios de recuperación do espazo urbano que na cidade do Lérez, logrando "usos mixtos" e buscando a "mezcla social" dos seus cidadáns.

A clave, concluíu, é fortalecer a convivencia entre os habitantes das cidades, algo que é posible "donde el espacio público está protegido y es respetado".