Un ladrón con antecedentes, detido por tentar roubar e esnaquizar o caixeiro dunha gasolineira de Meaño

Sanxenxo
22 de xullo 2025

Chegou a causar danos por un valor superior a 8.000 euros, pero non logrou acceder á caixa forte do caixeiro. Deixou inutilizada a forma de ingreso para a reposición. Trátase dun veciño de Sanxenxo

Caixeiro danado na gasolineira de Meaño Garda Civil de Pontevedra

Un veciño de Sanxenxo de 39 anos foi detido como sospeitoso dun intento de roubo nunha gasolineira.

Neste caso, se le acusao de tentar roubar e tamén de provocar danos valorados en 8.000 euros nunha estación de servizo de Meaño.

O home, que xa conta con "numerosos antecedentes xudiciais" por feitos similares, quedou en liberdade en sede policial e deberá comparecer ante o Xulgado de Garda de Cambados cando sexa requirido para iso.

Efectivos do equipo de investigación da Garda Civil de Sanxenxo comezaron a investigación o pasado 16 de xullo, tras a denuncia polo ocorrido.

Segundo confirmou a Garda Civil, o sospeitoso tentou acceder ao caixeiro de reposición da gasolineira.

Non logrou acceder á caixa forte do caixeiro, pero si chegou a causar importantes danos e ocasionou un prexuízo económico á empresa asaltada.

Así, cos danos ocasionados quedou inutilizada a forma de ingreso para a reposición da gasolineira.