As protestas organizadas polo PP de Pontevedra, en colaboración cos seus homólogos de Poio, polo peche ao tráfico da avenida Reina Vitoria, non gustaron no goberno municipal de Pontevedra.
Desde o Concello lamentan que os populares pontevedreses, en especial o seu líder Rafa Domínguez, estea "baixo a tutela" do PP de Poio.
O PP do municipio veciño, segundo a portavoz municipal Anabel Gulías, "é un dous peores PP que persoalmente coñezo".
Gulías censurou que o PP de Poio estea dirixido "por un señor que esaxera e manipula", en referencia ao seu portavoz, Ángel Moldes, e que, nos últimos tempos, se caracterizou "polos escándalos e por montar líos".
A portavoz municipal engadiu que entende as "disputas lóxicas" coa oposición, pero censurou a "foto pintoresca de ganchete" de Domínguez e Moldes en Raíña Vitoria que, segundo dixo, "amosa a peor cara do PP" na súa defensa dos intereses de Pontevedra.
MOLDES LAMENTA AS DESCUALIFICACIÓNS CONTRA EL
O aludido nestas críticas, Ángel Moldes, sinalou que "algo se está facendo ben" desde o PP cando o goberno municipal de Pontevedra "recorre á descualificación e ao insulto".
"Cando se ten que recorrer a iso, imaxinámonos que é polo nerviosismo das eleccións", sinalou Moldes, lembrando que os nacionalistas "cada vez baixan máis" nos dous municipios, "e no caso de Poio máis".
Por iso, o portavoz do PP de Poio recomenda ao BNG de Pontevedra que "máis que preocuparse do que facemos nós que se preocupen do que fan os seus compañeiros".