Lanzan catro gatiños polo portelo dun coche en Lourido

Poio
18 de maio 2018

Foron lanzados polo portelo dun coche "como si fueran caramelos en una cabalgata de Reyes Magos". Segundo explicaron desde a protectora este suceso tivo lugar este xoves o Lourido

Estes catro gatiños foron lanzados dende un coche Difusión Felina

O colectivo Difusión Felina de Pontevedra denunciou a través da súa páxina de Facebook un novo episodio de malos tratos animais.

Nesta ocasión catro gatitos de apenas mes e medio foron lanzados polo portelo dun coche "como si fueran caramelos en una cabalgata de Reyes Magos".

Segundo explicaron desde a protectora este suceso tivo lugar este xoves o Lourido.

Os animais estaban cheos pulgas e garrapatas e presentaban unha forte diarrea. Nestes momentos as crías están a recibir os coidados dos membros de Difusión Felina, que os poñerán en adopción tan pronto como se recuperen.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora