Laureano Oubiña reclama 150.000 euros a Carmen Avendaño por unhas supostas inxurias

O Salnés
25 de decembro 2017

Despois de ser aprazada o pasado 5 de decembro debido a unha baixa médica da xuíza de Vilagarcía sinalouse para o próximo día 16 de xaneiro a vista contra a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño denunciada por unhas supostas inxurias polo cambadés condenado por narcotráfico Laureano Oubiña

Laureano Oubiña con Ana Rosa Quintana
Laureano Oubiña con Ana Rosa Quintana

Despois de ser aprazada o pasado 5 de decembro debido a unha baixa médica da xuíza de Vilagarcía sinalouse para o próximo día 16 de xaneiro a vista contra a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, denunciada por unhas supostas inxurias polo cambadés condenado por narcotráfico Laureano Oubiña.

Avendaño non está obrigada a asistir ese día ao xulgado, xa que se trata dunha vista previa, pero xa anunciou que o fará esperando que el tamén dea a cara.

O antigo capo arousán reclama á activista antidroga unha indemnización de 150.000 euros por dicir o pasado mes de marzo nun programa de televisión que Laureano Oubiña tiña comerciado con outras drogas diferentes do haxix, unha acusación "infame, perversa e  maligna", segundo sostén a denuncia.

Oubiña saíu do cárcere o pasado mes de febreiro despois de que lle concedesen o terceiro grao penal e fose admitido para traballar nunha ONG de Madrid. Actualmente goza da liberdade condicional. En setembro de 2019 licenciarase a súa última condena por branqueo de diñeiro.