Laureano Oubiña: "Si muere mi hijo por culpa de la heroína, machaco al que se la vendió"

O Salnés
27 de abril 2017

O narcotraficante asegurou no programa de Ana Rosa Quintana, en Telecinco, que é "una víctima del sistema judicial". Oubiña mantivo un cara a cara televisivo co xuíz Vázquez Taín

Laureano Oubiña con Ana Rosa Quintana
Laureano Oubiña con Ana Rosa Quintana

O narcotraficante Laureano Oubiña foi o protagonista dunha entrevista en exclusiva en El programa de Ana Rosa no que asistiu como convidado o xuíz Vázquez Taín.

Oubiña insistiu en Telecinco que unicamente traficou con tabaco e con haxix rexeitando calquera relación con "otras drogas", en referencia á cocaína coa que habitualmente se lle vincula aínda que foi absolto daquela acusación.

"No vengo a limpiar mi imagen porque es imposible limpiarla. No hay sosa en el mundo que pueda limpiar mi imagen", lamentou obviando que formou parte dunha trama criminal e culpando aos medios da súa mala fama.

Laureano Oubiña chegou a insinuar que as nais de Érguete beneficiáronse da súa loita contra el xa que "ellas sabían que yo no traficaba con drogas duras". Mesmo opinou sobre a histórica visita das nais das vítimas da droga á súa mansión, coñecida como Pazo Baion.

"Yo aplaudiría lo que dicen esas madres si lo hicieran con los traficantes de heroína y cocaína. Ellas fueron allí porque el Pazo Baion era muy jugoso. Sabían que yo no traficaba con drogas duras y conocían a los que traficaban con heroína. ¿Por qué no fueron a sus casas?", comentou no programa de Ana Rosa.

"Si mi hijo muere por cocaína machaco al que se la vendió", chegou a dicir nesta entrevista.

Oubiña confesou estar "arrepentido" dos seus negocios co haxix pero volveu a insistir en que "yo no tengo nada que ver con la gente que se dedicaba a la cocaína". "No entendía y no entiendo nada de drogas", sinalou.

Tras cumprir 22 dos 28 anos aos que foi condenado en varios procesos por branqueo de capitais, delito fiscal, contrabando e tráfico de haxix, o narco arousán presentouse ante a audiencia asegurando "soy una víctima del sistema judicial". 

Oubiña, que goza do terceiro grao penal desde o pasado marzo, criticou que Instituciones Penitenciarias non refundise as súas penas. O capo arousán, mostrouse convencido de pagar co cárcere a "chulería" mostrada nos seus procesos penais.