Estrella Galicia e Autocares Novas Rías solicitaron licenza para asentarse no polígono de Barro.
O Concello está a tramitar estas solicitudes e estudando os proxectos que propoñen ambas as empresas.
Hijos de Rivera, fabricantes de Estrella Galicia, adquiriu dúas parcelas e construirá unha nave única de 3.450m2, cun desembolso de máis de 1.500.000 euros. Os plans da empresa cervexeira son instalar no polígono un novo centro de distribución dos seus produtos que dará servizo a toda a zona norte da provincia.
Doutra banda, a nave para Autocares Novas Rías, terá unha superficie de 1.088 m2 e supón un investimento de 145.000 euros.
O recinto será utilizado unicamente como aparcadoiro de autobuses.