O Concello de Marín mellorará o edificio da Biblioteca Pública Vidal Pazos cunha actuación centrada en aumentar o confort e a eficiencia enerxética desta infraestrutura moi utilizada e clave para a cultura e o alumnado.
A licitación do proxecto xa aparece na Plataforma de Contratación do Sector Público cun orzamento de máis de 152.000 euros e un prazo para presentar ofertas até o 9 de xullo.
A intervención prevista centrarase en mellorar a envolvente térmica, a substitución do sistema de climatización por aerotermia e a instalación dun novo sistema de ventilación que recupere a calor.
Ademais,contempla a revisión das condicións de salubridade do aire interior e a renovación completa da iluminación, que pasará a ser LED.