O acceso á praza de Travesía Areal en Portonovo converterase nunha área humanizada

Sanxenxo
04 de maio 2025

O proxecto está valorado en 166.604 euros e conta cun prazo de execución de catro meses

Proxecto de humanización do acceso á praza de Travesía Areal
Proxecto de humanización do acceso á praza de Travesía Areal

Impulso á humanización do acceso á praza de Travesía Areal.

O Concello de Sanxenxo licitou o proxecto de humanización deste espazo de Portonovo, que pretende recuperar para o uso cidadán.

Para iso está previsto enlazalo peatonalmente cos espazos públicos contiguos como o mercado, rúas e xardíns lindeiros.

A idea é eliminar a escaleira de acceso desde a rúa polo seu lado sur dotándoo de rampla que permita salvar esa diferenza de cota e mellorar a accesibilidade.

O acceso desde o mercado realizarase en dous tramos a diferente cota salvados por unha xardineira intermedia.

Ademais, explica o Concello, substituiranse os bancos de formigón actuais por bancos de pedra e colocaranse elementos de iluminación por uns máis eficientes e con menor consumo enerxético.

Tamén está proxectada a renovación da rede de saneamento existente e a ocultación de arquetas e colectores pluviais.

En total actuarase nunha superficie total de 706,40 metros cadrados.

Todo iso cun proxecto valorado en 166.604 euros, que conta cun prazo de execución de catro meses e que contará con financiamento a cargo do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.