O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de realizar diversas melloras e actuacións de limpeza nos viais e accesos aos cemiterios do municipio para telos nas mellores condicións para as datas de Todos os Santos e Defuntos.
A brigada de obras procedeuse, durante estes últimos días, a limpar e rozar os entornos próximos aos camposantos e nos principais accesos aos mesmos, especialmente naqueles de maior tránsito e concorrencia de xente.
Este labor faise tradicionalmente de xeito intenso no mes de outubro con independencia doutras actuacións de mantemento puntuais ao longo do ano e que se van acometendo en función das necesidades e das solicitudes que se van facendo por parte da veciñanza.
O alcalde, Jorge Cubela, deu instrucións precisas aos operarios municipais para que reforzaran a presenza de colectores e papeleiras e revisaron as conducións de auga e servizos públicos nos cemiterios do municipio co fin de favorecer as tarefas de limpeza que nestas datas acometen as familias.
Tamén se revisaron e reprogramaron as luminarias das inmediacións dos cemiterios para que permanezan acesas durante máis horas nestes días.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.