Limpeza de árbores caídas no río Tomeza

Pontevedra
19 de abril 2018

O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Tomeza (Gafos)

Árbores caídas no sendeiro do Gafos Vaipolorío

O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Tomeza (Gafos).

A cita será este sábado 21 de abril e as persoas que estean interesadas en participar deberán acudir ás dez da mañá ao habitual punto de encontro, diante da Estación de autobuses de Pontevedra.

É importante que quen desexe asistir o comunique antes do sábado chamando ao teléfono de contacto 676842942 para organizar o traballo en función dos asistentes.

Con esta iniciativa Vaipolorío pretende facer practicable o carreiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios.