Unha balea cunha rede de pesca atrapada ao redor da súa cabeza está a facer o seu camiño pola costa de Galicia.
O equipo Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), que ten a súa base de operacións no Grove, avistou a esta balea o domingo fronte á ría de Arousa pero as condicións eran demasiado perigosas para tentar un rescate.
Segundo explican na súa páxina de Facebook os enredos non son infrecuentes para as baleas e outros mamíferos mariños, que poden quedar atrapados nas trampas e as artes de pesca abandonadas.
Cando iso sucede, poden afogar, morrer de fame ou dunha infección.