VÍDEO.- Atopan unha nova balea azul nas proximidades da ría de Arousa

O Salnés
10 de outubro 2017

A balea, de 25 metros de lonxitude, estaba acompañada por outros cinco exemplares de pequeno tamaño e por un cento de golfiños e toniñas

Balea azul, avistada preto da ría de Arousa
Balea azul, avistada preto da ría de Arousa

O Bottlenose Dophin Research Institute (BDRI), que ten base no Grove, localizou un terceiro exemplar de balea azul. Nesta ocasión foi en mar aberto, fronte á ría de Arousa. É a terceira balea de grandes dimensións, arredor de 25 metros de lonxitude, que atopan en apenas un mes. 

Durante unha xornada de traballo nas últimas horas, os investigadores avistaban este novo exemplar de Balaenoptera musculus. Anteriormente nas últimas tres semanas atoparan unha balea na boca da ría de Muros e Noia e outra a unhas dez millas da illa de Ons.

Acompañando a esta balea azul nadaban outras cinco baleas comúns (Balaenoptera physalus) e preto dun centenar de golfiños comúns e toniñas, segundo explica o BDRI