Este martes o colectivo Vaipolorío puxo en coñecemento do Concello de Pontevedra e da Xefatura Territorial de Medio Ambiente da Xunta de Galicia unha nova vertedura de cascallos nas inmediacións do río Gafos.
Xosé Manuel Feijóo, secretario da asociación, localizou esta vertedura na vía de servizo que discorre paralela ao río.
Estaba, concretamente, baixo a ponte da estrada que comunica Tomeza con Salcedo á beira da Ponte da Condesa.
Vaipolorío solicitou a retirada dos entullos e a sanción ao responsable da vertedura.