Loitar contra a depresión pospandémica, empeño da III Feira PonteSán

Pontevedra
10 de maio 2022

Do venres 20 ao 22 de maio vai facerse visible na Praza de España e en Montero Ríos o traballo das asociacións socio-sanitarias con diferentes actos que, nesta edición, van centrarse principalmente na saúde mental. O concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández, e a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, presentaban PonteSán que ofrecerá propostas dinámicas que van desde unha sesión de showcooking ata un punto de asesoramento psicolóxico

Olga García Ballesteros, deputada provincial de Cohesión Social co concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández
Olga García Ballesteros, deputada provincial de Cohesión Social co concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández / Mónica Patxot

A Praza de España e a avenida de Montero Ríos volverán acoller entre o venres 20 e o domingo 22 de maio unha nova edición da Feira da Saúde e o Benestar PonteSán. Nesta terceira convocatoria, as actividades e Charlas centraranse principalmente na saúde mental e nas consecuencias da pandemia sobre a depresión en determinadas franxas da poboación.

Este martes, o concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández, e a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, presentaban esta iniciativa que permitirá visibilizar a corenta entidades socio-sanitarias sen ánimo de lucro que traballan para mellorar as vidas e saúde da poboación en Galicia. Trátase da participación máis elevada desde o inicio de  PonteSán.

Nesta ocasión ofrécense multitude de actividades deportivas e lúdicas para fomentar a socialización e a práctica deportiva con propostas, entre outras, como fútbol a pé, dancehall, papiroflexia, un campionato de petanca, unha camiñada solidaria ou unha Sesión de showcooking. Pero tamén se desenvolverán outras actividades como unha Charla sobre aprender a quererse e coidarse; un Relatorio sobre a procura da boa saúde mental, co fomento de estilos de vida saudables; e un punto de asesoramento psicolóxico.

Tino Fernández explicou que esta feira convértese na "máis importante de Galicia que se celebra neste campo das entidades socio-sanitarias" e sinalou a importancia do traballo destes colectivos que axudan ás persoas para "saber que non estás só, que hai xente que che entende e que che apoia cando estás desorientado", indicou o concelleiro de Deportes e Saúde.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE PONTESÁN 2022

  • VENRES 20

CARPA DE EXPOSITORES (ZONA 

12:00 Punto de asesoramento e información sobre saúde mental a cargo de Marta Boquete, psicóloga sanitaria. Asociación Alba. (1 hora)

12:00 Relatorio sobre saúde mental. Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.
13:00 Charla Aprende a quererte e cuidarte, para mellorar a túa xestión emocional. Imparte Nieves Fernández, voluntaria de Cruz Vermella. (1 hora)

17:00 Relatorio. Na procura dunha boa saúde mental. Charla participativa sobre como fomentar estilos de vida saudables de cara a unha mellor saúde mental. Montse García, psicóloga clínica. Asociación Alba. (1 hora)

18:00 Presentación da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO). Juan José Otero e Maribel Vázquez, membros da directiva. (30 minutos).

18:30 Presentación de 'El revolucionario mundo de los probióticos', Olalla Otero, doctora en bioloxía, xunto ASSEII.

19:00 Presentación Cambiadores inclusivos. ASSEII.

CARPA DE ACTIVIDADES (ZONA B)
12:30 Obradoiro de Percuterapia á cargo de Pedro Campos. (90 minutos).

17:00 Obradoiro de Exercicios hipopresivos. Técnicas posturales que provocan un descenso da presión intraabdominal e unha activación reflexa dos músculos do suelo pélvico e da faixa abdominal. Imparte: Sara Malvido Malvido, monitora de ADICAM. (1 hora)

18:00 Obradoiro Cociña saudable adaptada á enfermidade renal, con técnicas para a disminución de potasio. Laura Faílde (Nutricionista da Federación Alcer Galicia). (1 hora)

19:00 Mesa redonda. Importancia do deporte na saúde física e mental. Participan todas as asociacións e federacións deportivas presentes na feira e modera Roberto Silva, colexiado do COLEF.

EXTERIOR (ZONA C: AVENIDA MONTERO RÍOS)
17:00 Exhibición de Petanca. Avenida Montero Ríos.
17:00 Fútbol a pé. Avenida Montero Ríos.

  • SÁBADO 21

CARPA DE EXPOSITORES (ZONA A)
12:00 Charla e demostración: Texturizados saudables, como adaptar a textura dos alimentos se sofres disfaxia. A cargo de Viviane Manuela Ramil, logopeda da Asociación Amencer-Aspace. (1 hora)

13:30 Relatorio. Cómo conectar contigo. Autocuidado e xestión emocional. Chega ao autocuidado coa túa transformación persoal a través do autocoñecemento. Vanesa Parada e Iria Núñez, psicólogas de ADICAM. (30 minutos).

17:00 Relatorio Proxecto HimELAya - Grito de vida, que ten como obxectivo lograr que un enfermo de ELA chegue á maior altura que xamais puido acadar un doente, o Campo Base do Everest con 5,364 metros de altitude, e unha vez alí lance o seu grito de loita polo dereito de vivir. Presentan Nuria Graña e Pilar Guimeráns da Asociación AGAELA. (45 minutos).

18:00 Presentación da Asociación Art for Dent (Asociación GalEGa da enfermidade de Dent) a cargo de María Castelao (presidenta) e Fernando Yáñez (secretario). (15 minutos).

18:30 Charla Cómo podes previr e detectar un ictus. Síntomas que aparecen cando se sofre esta patoloxía. Cruz Vermella. (1 hora)

19:30 Presentación Tenis de Mesa: un deporte para todos e todas. Onde todo o mundo ten cabida! Club Tenis de Mesa Monte Porreiro. (30-45 minutos).

CARPA DE ACTIVIDADES (ZONA B)
11:00 Sesión de TaiChi Qigon, aprende exercicios e movementos así como formas de respirar e relaxarse. Rita Rodríguez, ASEARPO. (45 min – 1 hora).
12:00 Sesións de Risoterapia, coñece os beneficios que ten a risa na túa saúde. O teu corpo ten todos os elementos necesarios para poder rir. Imparte Mar García, Risotadas. (1 hora y media).

13:30 Charla e showcooking Aliños orixinais para as túas ensaladas. Almudena Seijido, vogal do Colexio oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia. (1 hora).

17:00 Exhibicióne clase de Fit Dance Danza = Saúde. Libera endorfinas e descobre os beneficios da danza para a saúde física e emocional. Imparte Galidance. (45 minutos).

18:00 Mesa redonda O benestar emocional nos colectivos sociosanitarios.

19:00 Obradoiro de Papiroflexia para nenos e adultos xunto cun relato metafórico en torno ao benestar. Dirixen Ma Isabel Bujía e Germán Iglesias. Asociación Alba. (1 hora)

EXTERIOR (ZONA C: AVENIDA MONTERO RÍOS)

Campionato de Petanca. Avenida Montero Ríos.

12:00 Exhibición Tenis de Mesa. Atrévete a participar, sen límites! Club Tenis de Mesa Monte Porreiro. (1 hora)

18:30 Pasarrúas. Experiencia Máis Cantos. Unha iniciativa de vibración conxunta! A cargo de Nelson Quinteiro. Xuntanza na Avenida Montero Ríos.

  • DOMINGO 22

CARPA DE EXPOSITORES (ZONA A)
10:00 Relatorio Os beneficios na saúde mental da boa práctica de exercicio físico. Imparte Laura Iglesias, Colexiada do COLEF. (30 minutos).

11:00 Charla Cómo mellorar a nosa saúde física cando temos unha enfermidade reumática. Imparte José León, xerente da Liga Reumatolóxica Galega. (45 minutos).

11:00 Punto de asesoramento e información sobre saúde mental a cargo de Marta Boquete, psicóloga sanitaria. Asociación Alba. (1 hora)

12:30 Charla para familias. Alimentación saudable para os teu fillos e fillas! Lactancia e primeira infancia. Pautas para adquirir hábitos para unha alimentación saudable e equilibrada. Alimentación saludable. Cruz Vermella. (1 hora) 

13:30 Clausura de PONTESÁN e lectura do manifesto pola saúde.

CARPA DE ACTIVIDADES (ZONA B)
10:00 Obradoiro Primeiros auxilios básicos. Pautas para realizar correctamente unha RCP e resolver un atragoamento (maniobra de Heimlich). Ana Buján (Enfermeira e voluntaria de Cruz Vermella). (1 hora)

11:00 Obradoiro de Papiroflexia para nenos e adultos xa.unto cun relato metafórico en torno ao benestar. Dirixen Ma Isabel Bujía e Germán Iglesias. Asociación Alba. (1 hora)

12:00 Exhibición e clase de Dancehall Danza = Saúde. Libera endorfinas e descobre os beneficios da danza para a saúde física e emocional. Imparte Galidance. (45 minutos).

EXTERIOR (ZONA C: AVENIDA MONTERO RÍOS)
10:00 Andaina solidaria PonteSán.. Un camiño para tod@s. Saída desde Avda. Montero Ríos.

10:30 Obradoiro Iniciación á practica do ioga para toda a familia. Imparte Maite Guzmán, colexiada do COLEF.