O Alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, non se mostrou sorprendido, ante las preguntas de PontevedraViva, pola decisión da Delegación do Goberno de impugnar o plus de productividade aos funcionarios do Concello: "xa sabiamos que podía haber un recurso. ÿ consecuente coas políticas do PP de defender os intereses da banca e ir contra os traballadores. A min non me estraña nada ese recurso"
E dirixiu as súas críticas á actuación por parte de Antonio Coello neste tema: "Eu creo que o Subdelegado do Goberno ten máis cousas que facer. Se se dedicara a perseguir os delincuentes que nos meteron na crise gañaría máis en lugar de perseguir a sindicalistas e a Alcaldes que defenden os intereses dos traballadores do Concello e da sociedade en xeral".
Fernández Lores insistiu en que o coligado do BNG-PSOE decidiu facer esta política de rebeldía e insubmisión con todas as consecuencias e que ademais "consultamos a todos os sectores e todos estaban de acordo, empresariais, comerciais e sindicais".
O Alcalde pontevedrés indicou que a decisión foi adoptada baixo o punto de vista xurídico e administrativo dos servizos municipais e sinalou que "tamén hai recursos polos que se pide que se pague a paga extraordinaria. Igual a decisión do Goberno non é legal".