Lores sobre a Feira Franca: "para min é unha festa total"

Pontevedra
03 de setembro 2022

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Festas, Carme da Silva, amosaron a súa satisfacción polo éxito de participación neste retorno da Feira Franca, despois da pausa provocada pola pandemia. Tamén destacaron o bo tempo que acompañou na xornada, permitindo a instalación de 183 mesas de particulares e o desenvolvemento das actividades ambientando as rúas da cidade nunha "romaría urbana"

Concelleiras do BNG, co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, na Ferrería este sábado 3 de Feira Franca
Concelleiras do BNG, co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, na Ferrería este sábado 3 de Feira Franca / Mónica Patxot

"Nótase que a xente se botou á rúa entusiasmada", afirmaba Carme da Silva, concelleira de Festas ao facer un primeiro balance este sábado da XXI edición da Feira Franca. A representante municipal destacaba as caras da xente e a combinación de persoas de idades distintas, desde bebés a maiores nunha xornada na que recoñecía que había moitas ganas de celebrar. 

A concelleira agradecía o traballo de particulares, empresas, asociacións e diferentes colectivos para levar a cabo esta novo retorno ao medievo na cidade, coa participación de 183 mesas de particulares instaladas na contorna do centro histórico.

Da Silva destacou a circunstancia de que este ano se dedicase ao río Lérez, coa presenza de embarcacións nas proximidades ao Mercado de Abastos. 

Pola súa banda, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores chanceaba sobre a xornada de boa temperatura e sen choiva que se presentou este sábado, cando inicialmente a previsión meteorolóxica anunciaba orballos, xustificándoo na compra do convento de Santa Clara, por aquilo das ofrendas cidadás que se realizaban para que a santa garantise bo tempo. 

O rexedor destacou que a Feira Franca é unha "festa total, no sentido máis amplo da palabra", asegurando que a xente goza e é feliz nunha romaría urbana, á que asisten persoas procedentes de distintos puntos da comarca. Ademais, asegurou que, xunto ao Nadal e a Peregrina, é a outra cita que serve para reunir ás familias pontevedresas, grazas ao sentido de pertenza. Por último, tamén lembrou que ese unha celebración que xera actividade económica ao longo de moitos meses.

Ademais de numerosos representantes do BNG na corporación municipal tamén integrantes del Partido Popular, co seu portavoz Rafa Domínguez, se sumaron á festa cos seus traxes medievais. Tamén asistiron políticos do Partido Socialista como Guillermo Meijón, Marica Adrio ou Paloma Castro.

Arquivado en