183 mesas de particulares instaláronse en esta XXI edición da Feira Franca no centro histórico de Pontevedra e zonas próximas. A xornada celebrouse entre actividades de animación e nun ambiente festivo.
Unha vez máis se cumpriu coa regulación da Feira Franca por parte de taberneros profesionais e tamén dos eventuais servindo as bebidas e viandas utilizando recipientes de arxila, louza e madeira.
Tamén se emplaron materliales de embalaxe como papel, cartón, tecidos e similares propios dos séculos da Idade Media, evitando a utilización de material de plástico e outras ferramentas que resultasen extemporáneas.
Como é tradición organizáronse encontros de confraternidade e reunións das Irmandades por prazas e espazos da cidade, gardando a compostura na ambientación, tal e como indicaba o bando para esta festividade.