Unha vez que o Ministerio de Transportes transferiu ao Concello o tres quilómetros da N-550 entre Pasarón e Alba, o goberno municipal de Pontevedra insta á Xunta de Galicia a que "reactive" a tramitación da coñecida como variante de Alba.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que con este trámite se cumpre co "único atranco" expresado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para desbloquear o viario que unirá a N-550 coa PO-531.
"Asinados todos os documentos necesarios", explicou Fernández Lores, o executivo pontevedrés confía en que esta actuación se retome canto antes.
Tería que ser, principalmente, co impulso ao estudo de impacto ambiental e a redacción do proxecto construtivo, que deberá incluír o trazado definitivo.
O rexedor recoñece que "sei que levará o seu tempo", pero entende que este novo viario está "no bo camiño" e que deixou de estar paralizado de maneira indefinida.
Na carta remitida a Martínez Allegue, Lores transmítelle a "leal colaboración" que manterá o Concello con esta obra, para a cal espera que "dea a oportuna orde" para o reinicio da súa tramitación.
"Teño a expectativa de que se faga. Estamos falando de dous ou tres anos", subliñou o alcalde de Pontevedra.