O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra a pretensión da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, de construír polo menos 63 vivendas de promoción pública nos terreos fronte ao Club Naval onde se sitúa o Parque de Maquinaria da Axencia Galega de Infraestruturas, un espazo de titularidade compartida entre o Estado e a Xunta.
Losada desprazouse este xoves ás instalacións para "rechazar una especie de gamberrada de la conselleira de Vivenda", á quen acusou de dar un "ejemplo paradigmático de lo que significa ocupar un espacio".
Segundo lembrou, até 1982 toda a parcela era patrimonio do Estado e, tras as transferencias, cedeuse aproximadamente un 37% á Xunta, porcentaxe que corresponde á zona edificada.
Explicou que, a nivel técnico, estaba a negociarse unha nova distribución que deixaría un 57% da superficie (2.768 metros cadrados) en mans do Ministerio e un 43% baixo control autonómico, polo que considera "descortesía institucional" que a conselleira dea ese anuncio "como si llegara a casa de un tercero para decirle que se vaya, que ella quiere construir allí".

Losada desmentiu ademais as cifras ofrecidas por Martínez Allegue, que falara dun 75% de propiedade da Xunta fronte a un 25% do Estado, e defendeu que a relación actual é do 63% para o Estado e 37% para o goberno autonómico, que pasaría a 57%-43% tras a cesión que se está negociando.
O subdelegado, ademais, insistiu en que o espazo "se está utilizando" e que o patio é "imprescindible para la maniobrabilidad de los vehículos" que se gardan e repáranse alí, vendo inviable desaloxar o parque de maquinaria.
"No hay espacio alternativo y la gente que trabaja aquí, los vehículos, tanto industriales como los turismos, tienen que estar en algún lugar", sinalou, cualificando o anuncio de Allegue de "ocurrencia que responde a su intención de querer ser candidata del Partido Popular alcaldía de Pontevedra".
Tamén aproveitou o conflito para cuestionar a traxectoria da Xunta en materia de vivenda protexida, aludindo á súa etapa como deputado no Parlamento galego e presidente da Comisión de Facenda. Lembrou que durante anos os orzamentos autonómicos de vivenda foron "absolutamente lamentables" e que a execución foi "próxima a cero y muy por debajo de la demanda".

Segundo el, a administración autonómica dispón de fondos non executados "verdaderamente estratosféricos" en política de vivenda desde 2009 e podería comprar solo e construír en parcelas propias ou sen uso, en lugar de "querer hacer algo en una parcela de otra administración que, además, se está utilizando".
A pesar desta situación, Losada negou que exista fricción entre administracións máis aló da actitude da conselleira, á que acusa de romper a cortesía ao "plantarse en una parcela de otra administración a decir que nos vayamos porque quiere hacer vivienda justo aquí".
Tamén descartou que houbese intención por parte do Estado de abandonar estas instalacións, ao non ter constancia de ningún plan.
REACCIÓN DE ALLEGUE
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, respondeu ás declaracións que realizou o subdelegado de Goberno criticando a intención da Xunta de construír 60 vivendas de promoción pública na parcela fronte ao Club Naval.
"Estou abraiada cosas palabras do subdelegado. É rotundamente falso que non esteamos en contacto co Ministerio de Transportes", afirmou Allegue, que aclarou que manteñen comunicación coa demarcación de estradas en Galicia e Madrid para as operacións de segregación anunciadas e que buscan lograr o 100% da parcela, non só o 75% xa agraciado catastralmente.
"Non entendo por que molesta tanto ao subdelegado e ao Goberno central que queiramos facer vivenda de promoción pública en solos que son titularidade da Xunta de Galicia", reprochou a conselleira, que ve as palabras de Losada como "una pataleta estéril".
Engadiu que "se quere sentar a falar, pola nosa parte non hai ningún problema, pero non entendo este empecinamento en obstaculizar e poñer paus sobre as rodas a calquera actuación que esteamos a facer desde a Xunta".
Allegue reclamou "dilixencia, responsabilidade e sensatez" ao Goberno central, ao que acusa a través de Losada de "dicir barbaridades que non teñen ningún sentido", e pediu que tomen exemplo doutras administracións públicas "que si que están a colaborar".