Louzán: "Antes de prohibir os touros hai outra vía que é dialogar"

Pontevedra
24 de xullo 2014

A xuízo de Louzán "algúns pretenden facer deste tema bandeira política, e dáme a impresión de que non lles debeu ir ven"

Rafael Louzán xunto ao técnico, Gabriel Rodríguez

"Antes de prohibir os touros hai outra vía que é dialogar", deste xeito respostou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, á reclamación dos colectivo antitaurinos para que se supriman as touradas.

Na rolda de prensa habitual tras a xunta de goberno, adiantada a este xoves, Rafael Louzán, respondeu ás preguntas dos xornalistas sobre as peticións das asociacións abolicionistas, dicindo que "as cuestións que están prohibidas e as que non, están establecidas na lei".

A xuízo de Louzán "algúns pretenden facer deste tema bandeira política, e dáme a impresión de que non lles debeu ir ben".

Louzán non ocultou que a súa opción persoal é partidaria da celebración das corridas de touros e comparou estas demandas coas daqueles "que piden a supresións das axudas aos clubes de futbol". En ambos os dous casos sinalou que "antes de prohibir hai outra vía que é dialogar".